Contamos con diferentes routers, que varían, entre outras cousas, segundo o tipo de tecnoloxía e cobertura que teñan os nosos clientes e tamén segundo a velocidade contratada. Os nosos routers están homologados para dar o mellor servizo, co que son practicamente unha parte da nosa rede de fibra. Ademais, ao ser equipos nosos que probamos e validamos antes, podemos darche soporte e ofrecerche garantía ou substituílos en caso necesario.
Desde a área de clientes de R podes acceder á túa rede wifi, ver o teu contrasinal ou cambiala cando queiras. É algo que podes facer de forma sinxela. Con todo, no caso de que sexas un usuario máis avanzado, podes acceder ao panel de configuración do router. Busca o modelo concreto do teu router e aí indicarémosche como acceder á IP para configuralo.
A moitos clientes chámalles a atención o deseño do router ZTE F6640, moi futurista, case tanto como a nosa rede de fibra. Trátase dun equipo para os clientes con máxima velocidade, xa que ofrece grandes prestacións.
Imos a outro dos routers máis instalados xunto coa fibra de R, neste caso o Sagemcom F@st5670. É un router con Wi-fi 6, perfecto para conexións de alta velocidade da internet.
Outro dos routers que ofrecemos en R é o ZTE F680, perfecto a conexións de 500 megas de velocidade, cunha gran cobertura na banda wifi de 5 Ghz.
O router Sagemcom modelo F@st5670ETH e dispoñible en R, ofrece unha experiencia wifi fantástica grazas ao seu wifi 6, ademais de ser perfecta para conexións de fibra de alta velocidade.
Continuando con routers da marca ZTE dispoñibles en R, contamos co ZTE H3640 un modelo GigabitEthernet, que se instala en clientes con alta velocidade contratada, para ofrecerlles a mellor experiencia wifi.
Outro router de R con grandes prestacións é o ZTE H298Q, tamén dispoñible para clientes de fibra con alta velocidade.
Zyxel é un dos grandes fabricantes de routers a nivel mundial. En R instalamos o seu router GigabitEthernet modelo VMG8924-B10D.
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Info LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética