O Roaming é o servizo que che permite falar e usar datos fóra de España. Xa que logo, para poderes usar o móbil no estranxeiro, precisas ter o Roaming activado e a opción de “itinerancia de datos” activada no móbil.
Se viaxas á Unión Europea e países asociados, non é necesario activar o Roaming, xa que se aplican as condicións da túa tarifa nacional, é dicir, non terás custos adicionais por utilizar os datos, nin por enviar ou recibir chamadas e mensaxes a países dentro desta zona .
O uso de datos da túa tarifa está suxeito ás limitacions de uso de roaming no Espazo Económico Europeo.
Se tes pensado viaxar ao Reino Unido proximamente, informámoste de que a partir do 22 de xuño de 2025 este destino xa non estará dentro dos países asociados e, xa que logo, terás que activar o roaming e as túas chamadas e datos neste país terán custo.
Aconsellámosche verificar se tes ou non o roaming activado con R e consultar no buscador de países os prezos para falar e navegar antes de viaxar.
Comproba que tes a itinerancia de datos activada.
o En Android, adoita estar en Axustes - Redes móbiles / Axustes - Máis…- Redes móbiles / Axustes - Máis opcións… - Redes móbiles.
o En iPhone: Axustes - Datos móbiles
Se prefires non usar o móbil no estranxeiro:
Podes desactivar o Roaming(coidado, con esta opción non poderás usar nin voz, nin datos).
Tamén tes a posibilidade de desactivar só os datos no teu móbil e conectarte cunha rede wifi no teu destino, dese xeito poderás facer e recibir chamadas. Lembra que, se estás fóra da Unión Europea, estas chamadas supoñen cargos adicionais.
Lembra que o uso de datos inclúe, por exemplo, o envío/recepción de WhatsApp, a consulta en redes sociais ou a procura en mapas, á parte da navegación por Internet, entre outros.
Aquí tes exemplos do que pode supor este uso:
• Revisar o teu muro de Facebook durante 1 minuto: 1 MB
• Compartir 3 fotos en Instagram: 1 MB
• Unha canción en Spotify: entre 2 e 9 MB
• WhatApp – 1 audio de 1 minuto: 6 MB
Se queres coñecer as tarifas de roaming en R preme aquí.
A UE fixa o prezo regulado do GB grosista e a posibilidade de estabelecer un límite de GB calculado en función do prezo por GB que teña a tarifa. O cálculo de máximo faise do seguinte xeito:
[Cota mensual Tarifa sen IVE / Prezo máximo GB (1,55 € dende xaneiro de 2024)] * 2
Por exemplo, se a túa tarifa é de 10 GB e o prezo sen IVE é de 7,44 € disporías de 9,6 GB.
[7,44/1,55]*2=9,6
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Info LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética