
A cobertura de fibra óptica de R atópase dispoñible tanto nos núcleos urbanos como en zonas rurais de Galicia. 101 municipios de Galicia dispoñen da cobertura de fibra óptica de R, gozando de todas as vantaxes e beneficios que ofrece.
R converteuse no operador galego referencia no mundo das telecomunicacións, cunha rede de fibra propia e un abanico de servizos onde se engloban internet de banda ancha, telefonía fixa e móbil e televisión, que poderás axustar ás túas necesidades cos nosos combos R.
Para calquera dúbida sobre a eficiencia da cobertura R de fibra na túa localización recomendamos realizar unha consulta dispoñible na páxina web, onde atoparás unha área con información da cobertura na túa zona; estaremos encantados de poder darche a benvida como parte da comunidade R .
Naquelas comarcas onde non teñan acceso á fibra ofrecemos o noso servizo de ADSL, para que todos os residentes en Galicia teñan a posibilidade de acceder a Internet desde o seu domicilio ou zona de traballo.
A cobertura móbil de R funciona coa rede de Orange, a cal posúe unha infraestrutura de gran tamaño que fornece servizos de telefonía móbil no 99% do territorio nacional.
Todas as capitais galegas dispoñen de velocidade 4G, segundo o mapa facilitado por Orange; isto posibilita a R ofrecer cobertura móbil de máximo rendemento, equiparando ás grandes urbes galegas coas maiores cidades do territorio español, como Madrid ou Barcelona.
R é a única operadora que ofrece cobertura móbil e servizo de internet de alta velocidade en parte da xeografía galega, o que a converte na empresa líder e máis eficiente en servizos ligados a internet e telefonía.
As nosas tarifas móbiles poden adaptarse ó usuario. R ten moi en conta as necesidades do cliente, atopando a tarifa móbil adecuada para cada perfil e requisito; a tarifa de datos, as chamadas ilimitadas ou os minutos gratis poden definirse por e para cada cliente de R.
O noso equipo estará encantado de axudarche con calquera dúbida.
R Cable somos distribuidores oficiais de Mundo R, o operador galego coa maior rede de fibra óptica de Galicia, con case un millón de vivendas e locais que xa confiaron no noso servizo de alta velocidade.
Por outra banda, ofertamos un servizo de cobertura móbil que fornece 4 G aos dispositivos móbiles nos principais núcleos urbanos do territorio galego.
Con R poderás gozar tamén de Wificlientes R, unha plataforma online que permite a conexión a unha rede wifi gratuíta en 120.000 puntos exteriores de Galicia.
As ofertas converxentes ofrecidas por R, onde cada usuario pode elixir o pack de internet + teléfono + TV máis apropiado, contan con multitude de opcións e tarifas adaptadas a cada cliente.
Wificlientes R permite a todos os clientes de R gozar dun servizo de cobertura Wifi gratuíto dispoñible en gran parte do territorio galego.
A principal vantaxe de Wificlientes R é o aforro de datos por parte do usuario unha vez o servizo estea activo, permitindo navegar por Internet, así como recibir chamadas e SMS.
Para a súa utilización os únicos requisitos son: ter contratada a rede de móbil de R e descargar a APP Usuarios Servizos R. Navega sen límites sen gastar os teus gigas.