
coa nova tarifa estudantes R gozarás da mellor opción para conseguir unha conexión de alta velocidade no teu domicilio a un prezo axustado ás túas necesidades. fai traballos, accede ao campus virtual ou simplemente navega no teu tempo de lecer; esta promoción de conexión á rede a través de fibra óptica permitirache gozar de tódalas vantaxes de R a un menor custo, para que esteas sempre conectado. non perdas esta oportunidade!
grazas á velocidade simétrica da fibra, dispoñible en todo o territorio galego, garántese o mesmo número de megas de subida e baixada; con isto facilítase as distintas accións a realizar polos estudantes residentes en cada domicilio: desde descargas de arquivos, partidas en rede, videochamadas. streaming de vídeo e audio ata entregas dos diferentes documentos en plataformas de universidades e distintos centros formativos.
doutra banda, coa fibra óptica de R poderás ter acceso a internet desde varios dispositivos simultaneamente no voso piso de estudantes: utiliza ordenadores, tablets ou smartphones ó mesmo tempo sempre co máximo rendemento en cada un deles. en R garantimos que tódolos residentes poderanse conectar a vez, sen que iso repercuta na calidade do sinal recibido, para que poidas seguir navegando a máxima velocidade en todo momento.
esquece de compromisos: coa tarifa estudantes de R non terás permanencia e poderás contratar outra oferta que se adapte mellor a ti cando o necesites. doutra banda, dispós dunha desconexión temporal durante o verán, para que poidas esquecer de pagar ningunha cota mentres estás a gozar das túas vacacións e sen a necesidade de volver contratar cada ano unha nova tarifa. aforra tempo e diñeiro co novo combo estudantes de R!
para aproveitar esta promoción, especialmente pensada para estudantes durante o curso académico, unicamente é necesario poñerse en contacto con R. se tes calquera dúbida, facilítanos o teu número e nós chamarémoste ó instante. o noso servizo técnico será o encargado de realizar toda a instalación de maneira 100% gratuíta e de efectuar unha comprobación para ratificar o perfecto funcionamento da rede wifi en tódolos recunchos do piso.
decídete a contratar a mellor opción para ti e o teu peto con estudantes R: con tódolos beneficios dunha tarifa de primeiro nivel a un prezo inmellorable, polo simple feito de ensinarnos o teu carné de estudante. non esperes máis!