infórmate agora sen compromiso
900 825 868
ou chamámoste gratis
luns a venres de 9 a 22h e sábados de 9 a 14h

tarifa móbil barata de R Cable

Móbil 10 GB
+ chamadas ilimitadas
9
€/MES
Durante 1 ano
IVE incluído
esta oferta, inclúe para ti:
10 GB + chamadas ilimitadas
R Cable: ofertas e tarifas de móbil, fibra e TV
  • FIBRA + MÓBIL
  • SÓ MÓBIL
Móbil 10 GB
Móbil 30 GB
Móbil Ilimitado

por que elixir R?

a maior rede de fibra

a maior rede de fibra

máis de 300 concellos con cobertura. Case 1,6 millóns de fogares e empresas en Galicia con acceso á nosa rede de fibra. A rede máis rápida e moderna con Fibra MAX.

wifi con cobertura total

wifi con cobertura total

queremos que teñas a mellor cobertura wifi. Coa mellor tecnoloxía, o wifi con banda 5G.

cobertura móbil 5G

cobertura móbil 5G

duplicamos o número de antenas móbiles e incorporamos a tecnoloxía 5G para os nosos clientes. Navega a máxima velocidade.

orgullosos de ti

a atención mellor valorada

máis de 575.000 clientes particulares e de empresas xa confían en nós e nas nosas dúas décadas traballando en Galicia. Anímaste a unirte?

A tarifa móbil R perfecta: boa, barata e bonita

Coa nosa tarifa móbil barata de R terás unha moi boa tarifa, porque conta con 10 GB de datos e chamadas ilimitadas; é barata, cunha cota mensual de só 9€, e é bonita porque che dá o mellor servizo cunha gran cobertura móbil alí onde esteas.

10 GB de datos son suficientes para a maioría dos usuarios. Para que teñas unha idea, con esa cantidade de datos poderías descargar máis de 200 aplicacións, enviar fotos, ver vídeos e acceder ás túas redes sociais sen preocuparte por quedar sen datos.

Ademais, coa tarifa barata de R contas con cobertura móbil 5G, para navegar a máxima velocidade. Podes contratar liñas adicionais e, ao ser cliente, tes á túa disposición o noso catálogo de teléfonos móbiles das mellores marcas, con smartphones de Samsung, Apple, Xiaomi, Oppo, Honor…
A tarifa móbil R perfecta: boa, barata e bonita

Tarifa R móbil con chamadas ilimitadas

Coas nosas tarifas móbiles en R Cable, non terás que preocuparte polo límite de destinos ao chamar. Todas as nosas tarifas móbiles inclúen chamadas ilimitadas a calquera fixo ou móbil nacional. Ten en conta que as chamadas a números 901, 902, de tarificación adicional ou especial, e as chamadas que fagas a números internacionais ou desde países de fóra da UE si teñen custo.

A nosa tarifa móbil R barata non ten ningún compromiso de permanencia. Queremos que teñas claras todas as condicións desde o primeiro momento, sen letra pequena. Por tanto, podes probar a tarifa móbil de R Cable sen preocupacións.

O envío da tarxeta SIM é completamente gratuíto. Só terás que indicar a túa dirección e enviarémoscha sen custo adicional.
Tarifa R móbil con chamadas ilimitadas
infórmate agora sen compromiso. É moi sinxelo!
e quedan poucos días de oferta!
chamádeme gratis
chámanos
luns a venres de 9 a 22h e sábados de 9 a 14h