Tarifas móbiles de R Cable

as mellores tarifas móbil en Galicia.
Móbil 10 GB
Móbil 30 GB
Móbil Ilimitado

por que elixir R?

a maior rede de fibra

a maior rede de fibra

máis de 300 concellos con cobertura. Case 1,6 millóns de fogares e empresas en Galicia con acceso á nosa rede de fibra. A rede máis rápida e moderna con Fibra MAX.

wifi con cobertura total

wifi con cobertura total

queremos que teñas a mellor cobertura wifi. Coa mellor tecnoloxía, o wifi con banda 5G.

cobertura móbil 5G

cobertura móbil 5G

duplicamos o número de antenas móbiles e incorporamos a tecnoloxía 5G para os nosos clientes. Navega a máxima velocidade.

orgullosos de ti

a atención mellor valorada

máis de 575.000 clientes particulares e de empresas xa confían en nós e nas nosas dúas décadas traballando en Galicia. Anímaste a unirte?

As mellores ofertas en tarifas móbil de R

En R Cable preocupámonos por ofrecerche as mellores tarifas de móbil para que poidas falar e navegar sen preocupacións. Todas as nosas tarifas inclúen chamadas ilimitadas a fixos e móbiles nacionais, velocidade 5G e roaming en Europa, así como o envío gratuíto da SIM. Ademais, cando te pasas os datos, báixase a velocidade, pero, se o necesitas, podes contratar bloques de 1GB de datos.

Coas tarifas móbil de R, podes falar e navegar sen límites. Elixe a tarifa que mellor se adapte ás túas necesidades. Se es un usuario ocasional, temos unha tarifa con 10 GB de datos. Se necesitas máis datos, podes elixir a nosa tarifa con 30 GB de datos. E se o teu é non ter límites, temos unha tarifa con datos ilimitados para que poidas navegar todo o que queiras.
Coñece as ofertas R Cable para fibra, móbil e TV

Por que contratar o móbil con RCable?

En R Cable, esforzámonos por ofrecerche a mellor experiencia en telecomunicacións. Ademais das nosas tarifas móbil R, tamén temos as mellores opcións na internet, televisión e telefonía fixa. Ademais, contamos cunha atención ao cliente excepcional, para que sempre te sintas ben atendido en caso de calquera problema. Así que non o penses máis e elixe as tarifas de R móbil para as túas necesidades de telecomunicacións.

Lembra que che ofrecemos unha atención ao cliente próxima, con axentes preto de ti, para que te escoiten e che axuden. Doutra banda, contamos con cobertura móbil 5G e ofrecémosche teléfonos móbiles coas mellores prestacións, exclusivos só para clientes R, para que ademais de chamar e navegar poidas presumir de smartphone.
Elixe a túa tarifa ou combo R
infórmate agora sen compromiso. É moi sinxelo!
e quedan poucos días de oferta!
chamádeme gratis
chámanos
luns a venres de 9 a 22h e sábados de 9 a 14h