condicións da promoción
pasa a R antes do 31/11/2021 e desfruta destas promocións.
promoción especial de Black Friday: combo total a 19€/mes durante 6 meses con permanencia de 12 meses. A partir do séptimo mes o prezo deste pack será de 59 €/mes. Durante 12 meses as liñas con chamadas ilimitadas + 30GB terán GB ilimitados de regalo.
promoción a 29€/mes durante 6 meses cun compromiso de permanencia de 12 meses. Promoción combo infinito Netflix 1 Gb por 29€/mes durante 6 meses cun compromiso de permanencia de 12 meses. A partir do sétimo mes o prezo deste pack será de 86€/mes.
nos packs combo infinito na primeira liña adicional con GB ilimitados aplicarase un desconto do 100% durante 24 meses. No resto das liñas adicionais GB ilimitados o desconto será do 50% durante 24 meses, despois o prezo será de 16€/mes.
no pack combo total 30 GB e no pack móvete 30 GB na primeira liña adicional ilimitada e 30 GB aplicarase un desconto do 100% durante 24 meses. No resto das liñas adicionais ilimitada 30 GB o desconto será do 50% durante 24 meses, despois o prezo será de 16€/mes.
promoción velocidade de fibra 1 Gb a prezo de 300 megas durante 3 meses. Gozarás dos packs por 29€/mes e a partir do cuarto mes, se decides quedar coa velocidade de 1 Gb, o prezo incrementarase 10€ máis ao mes.
wifi mesh inclúe un amplificador wifi intelixente en modalidade de aluguer cun custo mensual de 4€. Os clientes de combo infinito e combo infinito netflix dispoñen dun desconto do 100% nesa cota. Cota de alta de pago único de 15€ o primeiro mes. En caso de deixar de cumprir as condicións da promoción, non se aplicará o desconto. No caso de baixa do servizo, é necesario devolver o equipamento.
o combo infinito Netflix inclúe Netflix HD estándar (2 pantallas HD).
Netflix Fan inclúe o acceso a Netflix e 10GB extra/mes na liña de móbil que elixas. Promoción Netflix Fan cun desconto do 100% durante 6 meses nas opcións Netflix SD ou HD e un desconto do 50% 6 meses en Netflix 4 K aplicable desde a solicitude de activación dos servizos. Unha vez finalizado este período o servizo Netflix Fan mantense activo, e o prezo será Netflix Básico (SD) 8€/mes, Netflix Estándar (HD) 13€/mes ou Netflix Premium (4K) 14€/mes.
Amazon Prime: coa contratación de TV Total inclúese 1 ano de subscrición a Amazon Prime. Unha vez activados os servizos recibirás un email cun localizador para trocalo polo código promocional de Amazon Prime, as instrucións e condicións do servizo Amazon Prime. Valido para trocar durante 3 meses desde a recepción do SMS co localizador.
as tarifas planas do teléfono fixo inclúen 4.000 minutos para chamar a fixos nacionais e 100 minutos para chamar a móbiles en calquera horario.
o primeiro mes dispoñerás do servizo mantemento bronce totalmente gratis e o seu prezo despois será de 5€ ao mes.
o servizo de TV distribuído por R préstase por Over The Top Networks Ibérica, S.L.U. con NIF B-86588639 (AGILE TV).
coa contratación da seguinte promoción o cliente solicita expresamente recibir a factura en formato electrónico. Para mantemento da promoción, o cliente deberá seguir con factura electrónica durante o período de vixencia desta. Se che interesa ter factura en papel, podes consultar as promocións dispoñibles.
prezos con IVE incluído de acordo coas tarifas actuais.